A Xunta axusta desde o próximo luns, día 21, o horario do servizo da liña XG848046 entre Carballo e Corme que ten saída ás 16:45 e que pasará a ter saída ás 17:00 para facilitar a conexión aos viaxeiros, incrementando as posibilidades de transbordo aos usuarios que viaxan desde A Coruña a distintas localidades de Carballo, Malpica e Corme.
En concreto, permítese a posibilidade de enlazar co servizo da liña XG848042 Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. que sae ás 15:25 horas desde a cidade herculina, e a conexión para os viaxeiros que empregan o servizo das 15:50 horas da liña XG848012 Entrexardíns-Carballo E.A.
A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.