Ven, 16/05/2025
A Xunta amplía desde o próximo luns, día 19, unha liña de autobús entre Oza-Cesuras e Curtis con dúas paradas en Cesuras e no lugar de Castelo.
A cidadanía de Cesuras e Castelo disporá dun servizo de ida e outro de volta pola mañá de luns a venres e os luns pola tarde durante a tempada lectiva, así como conexións de ida e volta con Curtis os martes pola mañá durante todo o ano.
O acceso aos servizos na parada de Curtis realízase baixo demanda, polo que é preciso que os usuarios realicen unha reserva previa.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.