A XUNTA AMPLÍA UNHA LIÑA DE AUTOBÚS DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO CON 16 PARADAS EN MALPICA DE BERGANTIÑOS

Ven, 10/01/2025

Actívase desde o vindeiro luns, 13 de xaneiro, a ampliación dunha liña de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso que incorpora 16 paradas en Malpica de Bergantiños coa prolongación da liña que conectaba o instituto co lugar de Cores, en Ponteceso, ata a parada das Rabuceiras, na parroquia malpicá de Leiloio, e facilítase o acceso en transporte público ao alumnado de Malpica de Bergantiños que estuda as ensinanzas non obrigatorias que se imparten no centro.

En concreto, a liña realizará no municipio as paradas de: As Rabuceiras, A Trémoa, Cambre (igrexa), Loutoño, A Aldeola, Cerqueda, Vilarnovo, A Camuza, Malpica, Ventorrillo, Cancela de Areas, Seaia, Cruce Santo Adrián, Barizo, Porto do Fondo e Mens.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal e na aplicación para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia.