A Xunta ampliará a partir do 22 de xullo a oferta de servizos para mellorar as conexións do Hospital de Piñor incorporando tres expedicións ás 12:30, 17:00 e 18:00 horas de luns a venres non festivos dende a Estación Intermodal. Dende Piñeiro haberá novas saídas ás 14:00 e 18:30 horas de luns a venres non festivos pasando polo hospital de Piñor.
Nos servizos ás piscinas de Monterrei, engádese unha nova saída ás 11:40 de luns a venres na liña que une A Valenzá e Ourense con Monterrei (Piscinas).
Nos servizos de enlace co tren de alta velocidade na Gudiña, asegurase o enlace cos trens con saída cara Madrid das 12:08, 13:42, 15:34 e 17:45 horas dende O Barco de Valdeorras, Verín ou Viana.
Do mesmo xeito, as persoas usuarias que cheguen á Gudiña dende Madrid contarán con autobuses que sairán cara O Barco ás 10:45, 16:15 e 20:20 horas de luns a venres laborables e dirección Verín ás 11:21, 15:51 e 20:11 horas de luns a venres laborables. Estas expedicións permiten o enlace cos trens procedentes de Madrid das 10:27, 15:32 e 20:02 horas.
Toda a información completa dos horarios e das paradas destes servizos poderá consultarse na páxina web www.bus.gal.