A XUNTA AMPLIA A OFERTA DE SERVIZOS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xov, 16/05/2024

ANTE O PECHE DO AEROPORTO DE PEINADOR A CAUSA DE OBRAS, A XUNTA AMPLIA A OFERTA DE SERVIZOS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A partir do 20.04.2024, facilitarase un servizo con saída de Vigo E.I. ás 19,00 horas de luns a sábados e ás 19:30 horas os domingos e festivos.

Para se desprazar dende o Aeroporto de Santiago de Compostela ata Vigo E.I. as persoas usuarias contarán cun servizo con saída prevista ás 22,05 horas de luns a venres e outro con saída ás 22,00 os sábados e os domingos, para o que se creou unha nova liña, Aeroporto de Labacolla – Santiago E.I. -Pontevedra E.A. – Vigo E.I.

Estes cambios sumaranse aos servizos xa existentes, con saídas dende Vigo ás 04,30, 07,30 – de luns a venres - e 10,45 horas – todos os días –e do aeroporto cara a Vigo ás 08,55, 12,55 – todos os días – e 18,45 horas – agás os xoves –.

Lembre consultar os horarios actualizados a través do buscador da páxina principal da páxina web www.bus.gal