A XUNTA ADAPTA OS HORARIOS ENTRE VERÍN E A GUDIÑA PARA FACILITAR OS ENLACES COS SERVIZOS DE TREN A MADRID

Ven, 01/04/2022

A XUNTA ADAPTA DESDE O LUNS 4 DE ABRIL OS HORARIOS DOS AUTOBUSES ENTRE VERÍN E A GUDIÑA PARA FACILITAR 5 ENLACES AO DÍA COS SERVIZOS DE TREN A MADRID

  • O Goberno galego activa unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día
  • Tamén engade unha expedición máis na liña que conecta Viana do Bolo e Verín, que conta con parada na citada terminal
  • Estes novos servizos, xunto coa adaptación de horarios xa activa, amplían de dous a cinco os enlaces diarios coordinados coas saídas e chegadas dos trens a Madrid
  • A Xunta vén traballando para optimizar os servizos de transporte público e ofrecerlles aos cidadáns unha resposta ás súas necesidades en materia de mobilidade

Estas melloras súmanse ás activadas en decembro pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que adaptou os horarios dos autobuses da Xunta ás novas horas de paso dos trens por Ourense e pola estación da Gudiña, tras a posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense.