A XUNTA ADAPTA OS HORARIOS DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE O GROVE E PONTEVEDRA EN AGOSTO.

Lun, 07/08/2023

Axústanse as horas de paso estimadas e duracións nas liñas seguintes:

-XG62600101 O Grove E.A. - Pontevedra E.A., se modifican as horas estimadas de paso polas paradas da liña e a duración pasa a ser de 1:15 a 1:20 horas.

-XG62600201 O Grove E.A. - Portonovo - Pontevedra E.A., se modifican as horas estimadas de paso polas paradas da liña e a duración pasa a ser de 1:16 a 1:30 horas.

Para atender o aumento da demanda propio destas datas, increméntase o número de vehículos de reforzo previstos pola concesionaria para ambos os dous sentidos.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Tamén se poden consultar os novos horarios na páxina web da empresa concesionaria https://www.monbus.es/es