A XUNTA ADAPTA DESDE MAÑÁ OS HORARIOS DOS AUTOBUSES QUE CONECTAN LUGO, PONTEVEDRA E VIGO CON OURENSE PARA COORDINALOS COS SERVIZOS DE TREN A MADRID

Lun, 20/12/2021

A XUNTA ADAPTA DESDE MAÑÁ OS HORARIOS DOS AUTOBUSES QUE CONECTAN LUGO, PONTEVEDRA E VIGO CON OURENSE PARA COORDINALOS COS SERVIZOS DE TREN A MADRID

  • Trátase de garantir a coordinación dos 134 servizos de autobús que unen cada semana a cidade das Burgas con Lugo, Pontevedra e Vigo coas saídas e chegadas do tren programadas por Renfe coa posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense
  • Promóvese unha intermodalidade áxil entre o autobús e o tren aos pasaxeiros doutros puntos da comunidade que contan cunha oferta de servizos ferroviarios máis reducida cara a Madrid
  • Lugo contará con 6 posibilidades de enlace cada día para coller os trens entre Ourense e Madrid, Pontevedra con 5 e Vigo terá acceso a 12 trens
  • A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade salienta a importancia dunha oferta de servizos de tren que saque o máximo rendemento da nova infraestrutura
  • Lembra a necesidade de que Renfe poña en servizo canto antes os trens Avril para lograr que a alta velocidade chegue ás outras cidades galegas e garantir tempos de viaxe competitivos