A XUNTA ACTIVA OS NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE AS PARROQUIAS DE ORTOÑO E BUGALLIDO E SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xov, 23/06/2022

A XUNTA PUXO EN MARCHA ESTE XOVES, 23 DE XUÑO, OS NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS QUE REFORZAN CON 69 FRECUENCIAS MÁIS Á SEMANA AS CONEXIÓNS DAS PARROQUIAS AMESÁS DE ORTOÑO E BUGALLIDO CON SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estes novos servizos son froito do acordo alcanzado entre a Xunta e o Concello de Ames a comezos deste mes de xuño polo que se puxeron en marcha dúas actuacións:

  • A administración autonómica asume unha ampliación das frecuencias na liña de autobús interurbano entre Extramundi de Arriba e Santiago, que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido coa capital galega.
  • Concello de Ames activou un servizo de interese municipal que pon en funcionamento unha nova liña entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago de Compostela.

Toda a información relativa aos horarios e paradas dos novos servizos pódense consultar no buscador da páxina web www.bus.gal.