A XUNTA ACTIVA DESDE O MÉRCORES 1 DE XULLO UNHA LIÑA DE AUTOBÚS QUE DARÁ SERVIZO AO CONCELLO DE RIBEIRA NO VERÁN

Mar, 30/06/2026

O vindeiro mércores, día 1 de xullo, comeza a funcionar en Ribeira unha liña de autobús impulsada pola Xunta de Galicia e o concello.

A nova liña conectará a estación de autobuses de Ribeira coa praia do Vilar. De luns a xoves contará con dous servizos de ida, ás 13.00 e ás 16.30 horas, e outros dous de volta, ás 19.30 e ás 20.30. Os venres, sábados e domingos sumarase un servizo máis en cada sentido polo que as idas serán ás 13.30, 16.00 e 17.00 horas e as voltas, ás 19.30, 20.30 e 21.00 horas.

Estes novos servizos funcionarán en xullo e agosto e ofrecerán unha alternativa ao vehículo privado fronte ao aumento de desprazamentos que se rexistra en Ribeira no período estival.

As persoas usuarias desta nova liña poderán beneficiarse dos descontos e bonificacións impulsados pola Xunta de Galicia para o conxunto do transporte público autonómico. Así, as persoas menores de 21 anos poden realizar ata 60 viaxes mensuais gratuítas coa Tarxeta Xente Nova, mentres que as maiores de 65 anos dispoñen de viaxes gratuítas a través da Tarifa +65.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta no portal web www.bus.gal.