O martes, día 1 de xullo, comezarán a funcionar dúas novas liñas de autobús impulsadas pola Xunta de Galicia.
Durante todos os dias dos meses de xullo e agosto habilitaranse dúas novas liñas directas que conectarán Porriño e Tui con Praia América.
Cada unha das novas rutas ofrecerán 2 servizos, un de ida e outro de volta cos seguintes horarios:
-Porriño (Avda de Galicia) -Praia América as 15:00 e volta as 20:30
-Tui (rúa Ourense)-Praia América as 12:00 e volta as 19:00
Como no resto de servizos de autobús que forman parte das concesións de titularidade da Xunta, as persoas usuarias das liñas poderán beneficiarse dos descontos e vantaxes da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG), con bonificacións do 40% no prezo do billete. Ademais, os menores de 21 anos poden realizar ata 60 viaxes ao mes de maneira gratuíta coa Tarxeta Xente Nova, ao igual que todas as persoas maiores de 65 anos con tarxeta TMG.
A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.