A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DO AEROPORTO DE PEINADOR

Mar, 07/05/2024

Haberá seis servizos ao día con saída desde Vigo ás 04:30, 07:30 e 10:45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08:45 12:40 e 18:45 horas.

O servizo das 04:30 horas, que permitirá coller os voos da primeira hora da mañá, prestarase nunha nova liña Vigo-Aeroporto de Lavacolla con parada en Pontevedra.

Os outros cinco servizos adaptan o itinerario de liñas xa existentes entre A Coruña e Vigo ou Ferrol e Vigo, polo que a súa duración total se incrementa 15 minutos.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.