REFORZO DESDE O 3 DE MARZO OS SERVIZOS AOS INSTITUTOS DE BAIONA E DO ROSAL E AO CENTRO DE SAÚDE DE NIGRÁN

Xov, 03/03/2022

A XUNTA REFORZA DESDE O XOVES 3 DE MARZO OS SERVIZOS DE TRANSPORTE PÚBLICO AOS INSTITUTOS DE BAIONA E DO ROSAL E AO CENTRO DE SAÚDE DE NIGRÁN

A Xunta activará este xoves, 3 de marzo, novos servizos de autobús e realizará pequenos axustes nas liñas para mellorar o transporte aos institutos Primeiro de Marzo de Baiona e A Sangriña do Rosal, ademais de mellorar a conexión co centro de saúde de Nigrán.

  • Habilítase unha parada no IES Primeiro de Marzo de Baiona na liña que conecta A Guarda con Vigo, no horario de entrada ao instituto
  • Créanse dúas novas frecuencias na liña circular Baiona-Gondomar-Nigrán, adaptadas aos horarios das clases dos luns e dos xoves pola tarde
  • A liña circular entre A Guarda e O Rosal prolóngase ata unha nova parada na parroquia de Tabagón, mellorando o servizo a usuarios do IES A Sangriña
  • Para os usuarios do centro de saúde de Nigrán créase un novo servizo na liña circular de Baiona e engádese unha parada próxima ao centro na liña de Chandebrito
  • Estes reforzos, cos que se atenden as solicitudes trasladadas polos centros de ensino e os concellos, responden ao traballo continuo da Xunta por ofrecer máis e mellores servizos de transporte público aos cidadáns