REALIZACIÓN DE ENQUISAS NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE TRANSPORTE INTERURBANO

Lun, 15/04/2024

A partir do día 16 de abril, e ata finais do mes de maio, realizaranse enquisas nos servizos públicos de transporte de viaxeiros en autobús, tanto nas paradas como a bordo dos propios autobuses.

As enquisas serán realizadas por persoal identificado para tal fin, e nelas se obterá información sobre a valoración dos servizos por parte das persoas usuarias.