NOVA LIÑA DE AUTOBÚS NO CORREDOR VIGO-TUI E MODIFICACIÓNS NOS SERVIZOS DA CONCESIÓN XG883 A PARTIR DO 9 DE NOVEMBRO

Xov, 05/11/2026

O vindeiro 9 de novembro entrará en funcionamento unha nova liña de autobús no corredor Vigo-Tui, que dará servizo aos concellos de Vigo, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

En concreto, incorporaranse dúas novas expedicións con saída desde a estación intermodal de Vigo cara a Tui ás 7:00 e ás 15:30 horas. Estes servizos funcionarán de luns a venres laborables durante o período lectivo da Universidade de Vigo.

Por outra banda, tamén se introducirán modificacións na oferta de transporte público da concesión XG883, que presta servizo ao Val Miñor e ao conxunto da área situada ao sur de Vigo. Esta reorganización ten como obxectivo adaptar os servizos ás necesidades reais de mobilidade da poboación e optimizar os recursos dispoñibles.

Ante estes cambios, recoméndase consultar a información actualizada sobre os horarios e percorridos dos servizos de autobús.

Esta información pode consultarse nos portais web https://www.bus.gal/gl e https://mobt.xunta.gal/gl/, así como na aplicación para dispositivos móbiles MoBT.