Nova conexión de autobús entre Outes e Noia desde o 9 de novembro

Ven, 06/11/2026

O luns 9 de novembro de 2026 entrará en funcionamento unha nova liña de autobús entre Outes e Noia. O servizo facilitará os desprazamentos do alumnado aos centros de ensino de Noia e funcionará de luns a venres durante a tempada lectiva.

Os horarios serán os seguintes:

  • Outes - Noia: saída de Ao Porto (cruzamento), na zona do Freixo, ás 7.55 h e chegada á estación de autobuses de Noia ás 8.15 h.
  • Noia - Outes: saída da estación de autobuses de Noia ás 14.40 h de martes a venres. Os luns, a saída será ás 19.05 h.

O percorrido incluirá paradas no Freixo, Siavo, Catasueiro, Bendimón, O Cruceiro de Roo e Viro II.