INICIAN AS PROBAS PILOTO DA XENTE NOVA NO MÓBIL EN FERROL, NARÓN E NEDA

Lun, 18/09/2023

A Xunta puxo en marcha a tarxeta Xente Nova no móbil en Ferrol. Narón e Neda. Esta aplicación, que elimina a necesidade da tarxeta física, de ter saldo e da recarga no caixeiro, permanecerá tres meses en en fase de proba para avaliar a súa efectividade.

O obxectivo é que na primeira metade do ano que vén esta aplicación xa poida ser empregada polos máis de 150.000 menores de 21 anos que actualmente dispoñen da tarxeta física.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/83118/xunta-bota-andar-ferrol-naron-neda-xente-nova-mobil-para-facilitar-uso-transporte?langId=gl_ES