INCORPÓRASE UNHA NOVA PARADA NO CAMPUS SUR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NA LIÑA AMES: ALCALDE LORENZO – SANTIAGO E.I.

Ven, 29/05/2026

O próximo luns, día 1 de xuño, incorporarase na liña de autobús de interese municipal do Concello de Ames (XG807091 Ames: Alcalde Lorenzo – Santiago E.I.) unha nova parada situada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de mellorar a mobilidade do estudantado universitario.

A nova parada estará localizada na avenida do Mestre Mateo: https://maps.app.goo.gl/2xEBZy2fcj78tuYE6.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta no portal web www.bus.gal.