A XUNTA REORGANIZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DA RUTA CANICOUVA – PONTEVEDRA DESDE O PRÓXIMO LUNS POLAS OBRAS NA ESTRADA EP-001.
O próximo luns 8 de agosto a Xunta introduce axustes nos horarios dos servizos que atenden os desprazamentos entre Canicouva e a Estación de Autobuses de Pontevedra debido aos traballos na estrada EP-001.
Os servizos foron modificados para optimizar os horarios debido á alteración da ruta mentres duren as obras. Debido a dita modificación do traxecto habitual, incrementase a duración da viaxe en 10 minutos, polo cal, modifícanse todas as horas de chegada dos autobuses e algúns horarios de saída.
Para axustar os desprazamentos en ambos sentidos da conexión Canicouva e Pontevedra, introdúcense as seguintes modificacións:
Durante a tempada inverno, de luns-venres, dirección ida, Canicouva – Pontevedra, adiántanse 10 minutos as expedicións da maña, a das 07:50h, pasa ás 07:40h, e a das 09:40h, pasa a las 9:30h. O autobús das 16:50 foi eliminado. No traxecto de volta, Pontevedra – Canicouva foron suprimidas as expedicións ás 07:15h, e ás 16:20h.
Nas fins de semana, os días sábado, foi eliminado o servizo das 11:40h de ida, e no traxecto de volta foi suprimida a expedición das 21:45h. Os domingos e festivos da tempada inverno non sufriu ningunha modificación para o traxecto de ida, mentres que para a volta o servizo das 18:05h, pasa ás 18:20h.
Durante a tempada de verán, de luns a venres, dirección Canicouva – Pontevedra, atrásanse 3 das expedicións do traxecto: a das 08:30h pasa ás 08:40h, a das 12:25h, pasa ás 12:30h e a das 15:15h, pasa ás 15:20h. Os servizos das 16:50h e 20:30h foron suprimidos mentres duran as obras. No traxecto de volta, elimínanse as expedicións das 16:20h, e ás 12:00h, mentres que se mantén o servizo ás 19:55.
Nas fins de semana, os sábados para o traxecto de ida, foi suspendida a expedición das 16:50h, e modificados os horarios das expedicións ás 9:40, 11:40h e 20:30h, para a volta ás 10:55, 12:55 y 19:55. Os domingos e festivos, dirección ida, ás expedición das 09:40h adiántase ás 09:25h, e a das 16:50 adiantase ás 16:35h. Para o traxecto de volta Pontevedra – Canicouva, a expedición das 18:05, pasa a las 18:20h.