A XUNTA REFORZA A PARTIR DO MÉRCORES 23 DE FEBREIRO OS SERVIZOS DE AUTOBÚS NOS TRAXECTOS INTERMEDIOS ENTRE A CORUÑA E FERROL
Os novos axustes responden a necesidades concretas detectadas nalgúns municipios intermedios e á posibilidade de mellorar as súas comunicacións optimizando certos horarios e itinerarios dos servizos.
Estas adaptacións potencian as melloras xa implantadas o 24 de xaneiro na atención das poboacións intermedias tras a activación o 10 de xaneiro de 55 novos servizos directos entre A Coruña e Ferrol.
- Entre Betanzos e A Coruña engádense frecuencias directas e adecúanse horarios por estrada ás xornadas dos traballadores do CHUAC e do polígono de Bergondo
- Á primeira hora da tarde, Miño gaña un servizo desde Ferrol e a liña que une Pontedeume, Miño e Betanzos prolóngase ata A Coruña sen necesidade de transbordo
- As conexións entre Ferrol, Ares e Mugardos reorganízase nas fins de semana e festivos, mellorando as súas comunicacións e dando servizo a núcleos de poboación coma Chanteiro e O Seixo
Xa se pode consultar a información da concesionaria sobre os novos horarios no enlace: http://www.monbus.es/gl/novas/367/actualizacion-dos-servizos-da-xg871/, e dende o día 23 de febreiro estarán dispoñibles no buscador de bus.gal