AVISO IMPORTANTE: A XUNTA RECONFIGURA AS LIÑAS DE AUTOBÚS DE CAMBRE

Ven, 11/03/2022

A XUNTA RECONFIGURA A PARTIR DO 14 DE MARZO AS LIÑAS DE AUTOBÚS DE CAMBRE, QUE CHEGARÁN A 37 NOVAS PARADAS, DOBRANDO AS LIÑAS E CREANDO UNHA CIRCULAR AO POLÍGONO DO ESPÍRITO SANTO

No deseño das modificacións revisáronse a totalidade dos servizos de interese municipal (SIMU) que reforzan a atención do transporte público entre os núcleos de poboación do concello de Cambre, como complemento na actual concesión de autobús interurbano.

  • As 3 liñas actuais desdóbranse en 6, con itinerarios semellantes aos anteriores, pero con parte do seu traxecto diferenciado e ampliado a máis núcleos de poboación
  • A nova liña circular entre Cambre e o polígono industrial do Espírito Santo inclúe unha prolongación ata o núcleo da Mota, a petición do Concello.

A reestruturación dos servizos municipais implicou un axuste dos horarios para adecualos aos novos itinerarios das liñas e á duración das viaxes, sen que en ningún caso a variación supere os 15 minutos.