AVISO IMPORTANTE: A XUNTA IMPLANTA DESDE O VENRES 28 DE XANEIRO NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS AOS CENTROS PENAIS DE GALICIA

Ven, 21/01/2022

A XUNTA IMPLANTA DESDE O VENRES 28 DE XANEIRO NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS AOS CENTROS PENAIS DE GALICIA INCORPORANDO MÁIS FRECUENCIAS E HORARIOS AXUSTADOS ÁS VISITAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade elaborou un estudo novidoso en España para dotar ao conxunto de centros penais de Galicia de conexións en transporte público adecuadas ás necesidades particulares de cada un.

As melloras supoñen a creación de novas liñas específicas, a ampliación de itinerarios noutras rutas existentes, o incremento de frecuencias e o axuste de horarios segundo as quendas de visita.

Xa se pode consultar a información dos horarios no Servizo Baixo Demanda da Xunta de Galicia a través do teléfono 988 68 78 00 ou no correo electrónico baixodemanda [at] xunta.gal, e dende o día 28 de xaneiro estarán dispoñibles no buscador de bus.gal