AVISO IMPORTANTE: A Xunta adapta desde o martes os horarios dos autobuses entre o Barco de Valdeorras e a Gudiña para coordinalos cos novos servicios de tren a Madrid

Dom, 19/12/2021

A XUNTA ADAPTA DESDE O MARTES OS HORARIOS DOS AUTOBUSES ENTRE O BARCO DE VALDEORRAS E A GUDIÑA PARA COORDINALOS COS NOVOS SERVIZOS DE TREN A MADRID

―      A posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense e a reconfiguración da oferta de servizos ferroviarios fai preciso adecuar os horarios de autobús para favorecer a intermodalidade
―      Para garantir esperas reducidas nos enlaces, créase un novo servizo de autobús con menor duración de viaxe entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña e axústanse os horarios doutros 4 ás saídas e chegadas do tren
―      Os usuarios de autobús da Xunta disporán de servizos adaptados aos trens: desde o primeiro da mañá, con saída ás 08,01 horas, ata o que chega ás 20,00 horas do serán
―      A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa adecuou en outubro os enlaces á variación das horas de paso dos trens Alvia, atendendo a petición dos concellos da comarca de Valdeorras