AVISO IMPORTANTE: A XUNTA ACTIVA O 14 DE NOVEMBRO A NOVA CONCESIÓN DE AUTOBÚS NA COMARCA DO BARBANZA

Xov, 12/11/2026

A Xunta de Galicia porá en marcha o próximo sábado 14 de novembro a nova concesión de autobús na comarca do Barbanza, que incorporará novos servizos directos con Santiago de Compostela e mellorará as conexións de transporte público entre os concellos da zona.

A nova concesión dará cobertura aos seguintes municipios: Ames, Boiro, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela e Teo.

As persoas usuarias poden consultar os novos horarios, percorridos e paradas a través do buscador de servizos do portal web bus.gal, co fin de planificar os seus desprazamentos.