AVISO IMPORTANTE: TRÁFICO REANUDADO NA N-642

Dom, 22/01/2023

INFORMACIÓN ACTUALIZADA ÁS 21:00 HORAS: REANÚDASE O TRÁFICO NA N-642.

Os servizos de transporte interurbano de paso pola N-642 á altura de Areoura reanudan os seus itinerarios con normalidade, ao quedar aberto o tramo afectado ao tráfico. Debido a que esta apertura non supón recupera-la normalidade de paso na vía, os tempos de percorrido poden verse afectados.

Esta información pode ser consultada tamén na páxina web do operador, https://arriva.es/es, a quen se poden dirixir para obter información máis concreta. Dende bus.gal, seguirase informando puntualmente.