AVISO IMPORTANTE: REFORZO NOS SERVIZOS ENTRE SILLEDA E LALÍN

Lun, 19/09/2022

A XUNTA REFORZA DESDE O XOVES OS SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE SILLEDA E LALÍN CUNHA NOVA EXPEDICIÓN Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ

A Xunta activará o vindeiro xoves, 22 de setembro, un reforzo dos servizos de autobús entre Silleda e Lalín que engaden unha expedición á primeira hora da mañá.

O novo servizo prestarase de luns a venres ás 07,30 horas nunha nova ruta entre a parroquia de Lamela e Lalín.

Con estas melloras no servizo, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, atende a solicitude trasladada polo Concello de Silleda para facilitar, principalmente, os desprazamentos do alumnado sen dereito á reserva de praza antes do inicio das clases.

Ademais, este servizo funcionará tamén en época non lectiva, ampliando así as posibilidades de conexión para a cidadanía dos dous concellos nun horario máis cedo durante todo o ano.