AVISO IMPORTANTE: REFORZO DOS SERVIZOS DURANTE AS FESTAS DE MARÍN

Mér, 13/07/2022

A XUNTA REFORZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DURANTE AS FESTAS DE MARÍN PARA FACILITAR O REGRESO DE MADRUGADA PONTEVEDRA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforza os servizos de autobús durante as festas de Marín, para facilitar o regreso de madrugada á Pontevedra.

O aumento dos servizos entre as dúas localidades busca favorecer o uso do transporte público para os desprazamentos con motivo das festas, evitando a necesidade de coller o coche por non dispoñer de autobuses de volta.

Os horarios están dispoñibles dende hoxe día 13 de xullo ata o 17 de xullo, coas seguintes horas de saída:

  • Saídas de Pontevedra (Praza de Galicia): 0:00 h. - 01:00 h. - 02:00 h. - 03:00 h. - 04:00 h.
  • Saídas de Marín: 0:30 h. - 01:30 h. - 02:30 h. - 03:30 h. - 04:30 h.

Nos novos servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.