AVISO IMPORTANTE: OPTIMIZACIÓN DOS SERVIZOS INTEGRADOS NOS INSTITUTOS EN XINZO DE LIMIA

Lun, 03/04/2023

A XUNTA OPTIMIZA DESDE O 11 DE ABRIL OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DOS INSTITUTOS DE XINZO DE LIMIA PARA EQUILIBRAR A DURACIÓN DAS VIAXES E MINIMIZAR OS TEMPOS DE ESPERA NA ENTRADA E SAÍDA DAS CLASES.

O conxunto dos axustes beneficia especialmente aos estudantes que empregan os servizos de autobús integrado para acudir ao IES Lagoa de Antela e ao IES Cidade de Antioquía, nos que se garanten os menores tempos de viaxe posibles.

Xunto coa mellor organización das chegadas aos centros pola mañá e das saídas ao mediodía, tamén se axustaron os horarios no seu conxunto para limitar ao mínimo as esperas para todo o alumnado dos institutos de Xinzo de Limia.

Os axustes deseñados son froito do traballo de mellora continua do transporte público que leva a cabo a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A información relativa aos novos horarios estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.