DESVÍOS PROVISIONAIS POR MOR DAS OBRAS NA AVENIDA DE VILABOA NO CONCELLO DE CULLEREDO
Dende o Concello de Culleredo trasládannos que por mor das obras que se van executar na Avenida de Vilaboa, será preciso realizar o corte dun dos carrís da avenida, obrigando a adecuar os itinerarios das liñas que empregaban a Avenida de Vilaboa.
As obras teñen data de inicio prevista o vindeiro 1 de setembro e prolongarse durante varios meses.
Mentres duren os ditos traballos, en dirección A Coruña, as paradas pasan para as rúas Alejandro Pérez Lujín e Alcalde Domingo Sierra. En dirección Alvedro, as paradas mantéñense na Avenida de Vilaboa.
Podes consultar nas seguintes imaxes a localización das paradas durante o desvío provisional.