Xov, 02/06/2022
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou co alcalde, Blas García, o convenio que facilita a mobilidade dos veciños destas parroquias a través do reforzo do transporte interurbano da Xunta e dun servizo de interese municipal.
- Os novos servizos parten da proposta alternativa trasladada pola Xunta, cun incremento de frecuencias e a optimización dos servizos e un menor custo para a entidade local.
- A Xunta asume un reforzo de servizos na liña de transporte interurbano da súa competencia, incorporando 3 expedicións máis de luns a venres; aumentando 4 novas frecuencias os sábados e os festivos; e 2 novas viaxes en domingo.