AVISO IMPORTANTE: NOVO SERVIZO ENTRE VIGO E OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA GRANXA E AS GÁNDARAS

Mér, 24/05/2023

A XUNTA HABILITA DENDE O DÍA 5 DE XUÑO UN NOVO SERVIZO DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA GRANXA E AS GÁNDARAS DE PORRIÑO

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pon en marcha dende o día 5 de xuño unha nova liña de autobús para mellorar as conexións entre Vigo e Porriño, facilitando así o desprazamento a traballares e persoas usuarias en xeral entre as dúas localidades.

A nova liña XG883077 Vigo E.I. - Porriño (Cablería Auto) contará coas seguintes paradas:

  • Vigo E.I.
  • Vigo (praza de España)
  • Porriño (Avda. de Galicia)
  • Porriño (Imprenta Paz)
  • Porriño (Vip Galicia)
  • Porriño (CTAG)
  • Porriño (GESTAMP)
  • Porriño (CEAMSA)
  • Porriño (Cableria Auto)

As expedicións desta liña serán de luns a venres, non festivos durante todo o ano cos seguintes horarios:

  • Saídas de Vigo E.I.: 05:00, 07:00, 13:00 e 21:00 horas e con hora de chegada a Porriño (Cablería Auto) ás 05:50, 07:50, 13:50 e 21:50 horas
  • Saídas de Porriño (Cablería Auto): 06:00, 14:00, 16:50 e 22:00 horas e chegadas a Vigo (E.I.) a las 06:50, 14:50, 17:40 e 22:50 horas.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.