Lun, 27/03/2023
A XUNTA HABILITA DENDE O DÍA 3 UNHA NOVA LIÑA DE AUTOBÚS PARA MELLORAR AS CONEXIÓNS ENTRE O MORRAZO E VIGO
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade habilita dende o día 3 de abril unha nova liña de autobús para mellorar as conexións entre o Morrazo e Vigo.
- A nova liña, especialmente demandada por persoal dos hospitais, contempla dúas expedicións en horarios de maior demanda: unha de ida, dende Cangas E.A. ás 6.40h. e outra de volta ás 15.15h.
- Ambos os dous servizos contemplan unha ruta sen paradas no casco urbano de Vigo e, polo tanto, redúcense os tempos de viaxe en menos dunha hora, contribuíndo a garantir á puntualidade do persoal ao centro e axilizando a chegada aos seus fogares
- Os dous servizos funcionarán durante todo o ano, de luns a venres ás 06.40 horas con percorrido Cangas E.A.-Meixoeiro-Álvaro Cunqueiro no sentido de ida e ás 15.15 horas no sentido de volta, respectivamente; e complementarán a oferta existente.