AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN NA LIÑA L2 NO SIMU DE PONTEVEDRA POLAS OBRAS DO NOVO HOSPITAL MONTECELO

Lun, 20/02/2023

MODIFICACIÓN DO PERCORRIDO DA LIÑA L2 DO SIMU DE PONTEVEDRA A CAUSA DAS OBRAS DO NOVO HOSPITAL MONTECELO

A partir do 23 de febreiro o percorrido da liña XG628033 Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2) modifícase por mor das obras do novo hospital Montecelo.

As paradas afectadas da liña ata que non rematen obras son as seguintes:

  • CEE Pontevedra
  • Moldes
  • San Amaro

O percorrido dende o Hospital Montecelo ata a Praza de Galicia realizarase pola Avenida de Lugo.