AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN DOS HORARIOS DAS EXPEDICIÓNS AFECTADAS POLO CORTE DUN TREITO DA ESTRADA EP-8504, EN VALGA.

Ven, 28/07/2023

A XUNTA AXUSTA OS HORARIOS DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS AFECTADOS POLO CORTE DUN TREITO DA ESTRADA EP-8504, EN VALGA.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modifica dende o día 29 de xullo os horarios das seguintes expedicións debido as obras que afectan ao treito da estrada EP-8504, no concello de Valga.

 

Modifícanse os horarios das seguintes expedicións:

 

-XG83009201001 Padrón E.A. - Centro Médico - Vilar - Padrón E.A., atrasando o horario de saída 15 minutos, pasando das 11:45 ás 12:00. O horario de chegada pasará a ser as 12:45h.

 

-XG83009301001 Padrón E.A.-Vilar-Cerneira-Sixto-Cruce Cernadas, atrasando o horario de saída 10 minutos, pasando das 12:20 ás 12:30. O horario de chegada pasará a ser as 13:41h.

 

-XG83009501002 Rexenxo-Padrón E.A., atrasando o horario de saída 10 minutos, pasando das 11:45 ás 11:55. O horario de chegada pasará a ser as 12:27h.

 

 

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.