AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN DE HORARIOS NA LIÑA MARÍN - PONTEVEDRA - AP9 - VIGO

Xov, 25/05/2023

A XUNTA DE GALICIA ADAPTA DESDE O VINDEIRO 5 DE XUÑO O HORARIO DA LIÑA MARÍN - PONTEVEDRA - AP9 - VIGO

O día 5 de xuño, adiántase o horario da expedición XG81703601001 Marín - Pontevedra - AP9 - Vigo das 6:40 horas ás 6:30 horas, tras a solicitude das persoas usuarias que empregan o servizo para chegar a tempo a seus postos de traballo.

As paradas da liña XG817036 son as seguintes:

  • Marín
  • Marín (Raimundo Vázquez)
  • Marín (Lonxa)
  • Pontevedra (residencia militar)
  • Campolongo
  • Avda. María Victoria Moreno (Sia)
  • Vigo (praza de España)
  • Vigo (Seminario)
  • Vigo (rotonda Meixoeiro)
  • Vigo (Asistida Meixoeiro)
  • Vigo (Urxencias Meixoeiro)
  • Meixoeiro (hospital)
  • Vigo (Hospital Álvaro Cunqueiro)

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.