A XUNTA MELLORA A COORDINACIÓN DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS PARA FACILITAR DURANTE O MES DE AGOSTO OS DESPRAZAMENTOS ENTRE PONTEAREAS E A PRAIA AMÉRICA, EN NIGRÁN
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modifica dende o día 1 de agosto os horarios das seguintes expedicións co obxectivo de mellorar a coordinación dos servizos de autobús e facilitar durante o verán os desprazamentos entre Ponteareas e Praia América en Nigrán.
Modifícanse os horarios das seguintes expedicións:
-XG88801101002 Leirado-Hospital Álvaro Cunqueiro, atrasando o horario de saída 10 minutos, pasando das 20:15 as 20:25. O horario de chegada pasará a ser as 21:45.
-XG88801301015 Ponteareas E.A.-Vigo E.I, adiantando o horario de saída 15 minutos, pasando das 21:00 as 20:45. O horario de chegada pasará a ser as 21:36.
-XG88801301019 Ponteareas E.A.-Vigo E.I, adiantando o horario de saída 15 minutos, pasando das 21:00 as 20:45. O horario de chegada pasará a ser as 21:36.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.