AVISO IMPORTANTE: A ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O VINDEIRO DÍA 17 DE DECEMBRO

Xov, 24/11/2022

A ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O VINDEIRO DÍA 17 DE DECEMBRO

Tras a confimación por parte do Concello de Vigo, a Estación Intermodal de Vigo se porá en funcionamento o vindeiro sábado 17 de decembro.

Xa se poden consultar os horarios que terán os servizos do Transporte Publico de Galicia na Estación Intermodal de Vigo a partir do día da súa apertura.

As consultas pódense facer no buscador desta páxina co nome da parada Vigo E.I.

En caso de que os horarios sufran algunha actualización ou modificación, serán puntualmente informados.