AVISO IMPORTANTE: CORTE DE TRÁFICO NO ACCESO AO CENTRO DA CORUÑA - PARADA ENTREXARDINS

Ven, 02/06/2023

O PRÓXIMO FIN DE SEMANA PRODUCIRANSE CORTES DE TRÁFICO NO ACCESO AO CENTRO DA CORUÑA AFECTANDO A PARADA DE ENTREXARDÍNS

O concello da Coruña informa que os días 3 e 4 de xuño produciranse os seguintes cortes de tráfico para o acceso a parada Entrexardíns nos Cantóns:

  • Sábado día 3 de xuño de 14:30 a 21:30 horas
  • Domingo día 4 de xuño de 9:45 a 13:00 horas

Este corte de tráfico afecta aos servizos das concesións XG817, XG843, XG846, XG848, XG871 e XG881.