AVISO IMPORTANTE: CORTE DE TRÁFICO NA AVENIDA DE AVELINO MONTERO RIOS EN ESTRIBELA (PONTEVEDRA)

Xov, 28/09/2023

AVISO IMPORTANTE: CORTE DE TRÁFICO NA AVENIDA DE AVELINO MONTERO RIOS EN ESTRIBELA (PONTEVEDRA)

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa que dende as 22:30h do venres 29 de setembro, ata as 06:00h do sábado 30 de setembro, a Axencia Galega de Infraestruturas realizará un corte do tráfico na Av. de Avelino Montero Ríos, Estribela (Pontevedra), afectando aos seguintes servizos entre Pontevedra e Marín da liña XG628007, Marín-Praza de Galicia (Marquesiña):

 

  • Venres 29/9/2023;
    • Saídas dende Marín ás 22:20h e ás 23:00h
    • Saídas dende Praza de Galicia (Marquesiña) ás 22:30h e ás 22:50h

 

  • Sábado 30/9/2023;
    • Saída dende Praza de Galicia (Marquesiña) ás 00:00h

 

Nas expedicións afectadas o percorrido na zona afectada desviarase pola PO-11.

 

Para máis información poden contactar coa empresa Monbus, https://www.monbus.es.