AVISO IMPORTANTE: COMPROBACIÓN DOS SERVIZOS NAS DATAS MÁIS SINALADAS DO NADAL

Mér, 27/12/2023

A Xunta recomenda comprobar os horarios dos servizos dispoñibles nas datas máis sinaladas do Nadal

 

Lémbrase ás persoas usuarias que nas datas máis sinaladas do Nadal os servizos de autobús poden ter variacións nalgúns horarios con respecto a outras datas festivas.

Por este motivo, recoméndase que as persoas que vaian viaxar no transporte público de Galicia os días 31 de decembro e 1, 5 e 6 de xaneiro comproben a información actualizada referente aos servizos dispoñibles nesas datas singulares.

Para facilitar estas consultas, os horarios dos servizos activos en cada unha das datas atópanse actualizados no buscador da páxina web www.bus.gal e na aplicación móbil Transporte Público de Galicia, seleccionando a orixe, o destino e a data concreta da viaxe.