Mér, 07/06/2023
A XUNTA DE GALICIA MODIFICA O HORARIO DA LIÑA CHANDEBRITO - NIGRÁN - PRIEGUE PARA ADAPTALA AS NECESIDADES DAS PERSOAS USUARIAS
O próximo 16 de xuño modifícase o horario da expedición XG88307501002 NIGRÁN: Chandebrito -- Nigrán - Priegue das 14:00 horas ás 12:45 horas, para atender as necesidades de mobilidade da poboación.
Os servizos desta liña serán de luns a venres non festivos cos seguintes horarios:
Servizos de Chandebrito - Nigrán - Priegue:
- 7:45 - 12:45 - 16:15
Servizos de Priegue - Nigrán - Chandebrito:
- 10:20 - 15:05 - 20:30