AVISO IMPORTANTE: AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS DE PORRIÑO Á PRAIA AMÉRICA

Ven, 15/07/2022

A XUNTA AMPLÍA DESDE O LUNS  OS SERVIZOS DE AUTOBÚS Á PRAIA AMÉRICA CUNHA NOVA LIÑA DIRECTA DESDE O PORRIÑO

A Xunta amplía desde o próximo luns, día 18, os servizos de autobús á Praia América, no concello de Nigrán, coa creación dunha nova liña directa desde O Porriño.

Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde O Porriño, que non contaba con conexións directas.

A nova liña de autobús non terá paradas intermedias entre O Porriño e A Praia América, conseguindo deste xeito ofrecer un servizo atractivo para os usuarios cun tempo de viaxe reducido de só media hora.

Haberá dúas expedicións diarias de luns a domingo, unha de ida ás 12,00 horas e outra de regreso con saída do areal de Nigrán ás 20,00 horas.

Nos novos servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.