AVISO IMPORTANTE: ADAPTACIÓN DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS AFECTADOS POLO CORTE DA ESTRADA LU-651

Ven, 10/03/2023

A XUNTA ADAPTA DESDE O LUNS 13 A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE AUTOBÚS POLO CORTE TOTAL DA ESTRADA LU-651

A partir do luns, día 13 de marzo, a estrada LU-651 quedará cortada entre os puntos quilométricos 31,300 e 33,000 entre as 9,30 horas e as 20,30 horas, para a execución dos traballos de mellora da vía.

Mentres dure o corte total desa estrada, a Xunta adapta os servizos regulares de transporte público que comunican Folgoso do Courel con Quiroga e con Pedrafita do Cebreiro.

  • Na conexión con Quiroga, o servizo de volta, que ten saída ás 17,00 horas os luns, os venres e os días 10 e 27 de cada mes (días de feira en Quiroga), realizarase nun vehículo turismo polo desvío habilitado.
  • Na conexión con Pedrafita do Cebreiro, os servizos terán inicio e finalizarán en Seoane do Courel.