AVISO IMPORTANTE: ADAPTACIÓN DOS HORARIOS DEBIDO ÁS FESTAS DO NADAL

Ven, 23/12/2022

ADAPTACIÓN DOS HORARIOS DOS SERVIZOS DEBIDO ÁS FESTAS DO NADAL

Debido á celebración das festas do Nadal, os días de Noite Boa, Nadal, Fin de Ano, Aninovo e Día de Reis, os horarios dos servizos poden verse modificados.

Se vai viaxar no Transporte Público de Galicia os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, recoméndase consultar os horarios dos servizos ademais de na páxina web bus.gal, nas páxinas web das empresas concesionarias.

Boas festas.