A XUNTA DE GALICIA MODIFICA O HORARIO DA LIÑA ENTRE VIGO E OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA GRANXA E AS GÁNDARAS DE PORRIÑO
O luns 3 de xullo modifícanse os horarios das expedicións:
-XG88307701003, adiántase o horario de saída 15 minutos pasando das 13:00 ás 12:45 horas.
-XG88307701004, adiántase o horario de saída 15 minutos pasando das 21:00 ás 20:45 horas.
-XG88307701005, se retrasa o horario de saída 15 minutos pasando das 6:00 ás 6:15 horas.
-XG88307701006, se retrasa o horario de saída 15 minutos pasando das 14:00 ás 14:15 horas.
-XG88307701007, se retrasa o horario de saída 15 minutos pasando das 22:00 ás 22:15 horas.
As expedicións desta liña serán de luns a venres, non festivos durante todo o ano cos seguintes horarios:
- Saídas de Vigo E.I.: 05:00, 07:00, 12:45 e 20:45 horas e con hora de chegada a Porriño (Cablería Auto) ás 05:50, 07:50, 13:35 e 21:35 horas
- Saídas de Porriño (Cablería Auto): 06:15, 14:15, 16:50 e 22:15 horas e chegadas a Vigo (E.I.) a las 7:05, 15:05, 17:40 e 23:05 horas.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.