AVISO: CORTE DA ESTRADA AC-552 EN CORISTANCO E CABANA DE BERGANTIÑOS

Ven, 29/09/2023

A Xunta informa do corte de tráfico da estrada AC-552 a partir do 2 de outubro e que afectará os servizos de transporte público que circulen por esta estrada e que pertencen ás concesións XG-656 Sueste da comarca de Bergantiños e XG-848 Norte das comarcas de Fisterra, Bergantiños e A Coruña. 

Neste sentido, os concesionarios que prestan os servizos de transporte público en liñas que se vexan afectadas polas obras, establecerán as modificacións necesarias no percorrido co fin de causar as mínimas molestias aos usuarios.

En caso de precisar maior detalle sobre a prestación dos servizos, as persoas usuarias poderán poñerse en contacto cos responsables das concesións afectadas.