Aviso legal APP

1. Aviso legal

1.1. Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da app de Transporte Público de Galicia (en diante, a "App") que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios.

1.2. Termos e condicións

A Xunta de Galicia é a titular desta App e dos distintos elementos nela incluídos.

O contido facilitado a través desta App emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe á publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta App, nin que se atope totalmente actualizada.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nesta App con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

1.3. Responsabilidade

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario desta App, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

1.4. Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual desta App e dos seus elementos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible nesta App, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da App e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logotipos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

1.5. Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

1.6. Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba á App, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso da presente App, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

2. Política de privacidade e protección de datos persoais

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

2.1. Quen é o responsable do tratamento

O responsable do tratamento é a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (en diante, a Consellería) con domicilio en San Lazaro s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal.

2.2. Quen é o/a delegado/a de protección de datos

Pode contactar co/coa Delegado e Delegada de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

2.3. Finalidades, bases lexitimadoras e datos recompilados

A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo coas bases lexitimadoras mostradas a continuación:

  • Respecto da xestión e tramitación das solicitudes de alta como usuario, a xestión da información do perfil de usuario e a xestión das reservas de servizos baixo demanda, a base lexitimadora é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme á Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia.
  • Respecto da xestión e tramitación de suxestións e incidencias, a base lexitimadora é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme á Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia e a Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.

Os datos persoais tratados son os seguintes:

  • Datos identificativos e de contacto (nome e apelidos, DNI/Outro, nº do documento, correo electrónico e teléfono)
  • Datos de imaxe (fotografías)
  • Outros datos: número da tarxeta, parada e nome da empresa

Así mesmo tamén é posible a xestión de permisos móbiles de xeolocalización co obxecto de localizar as paradas de autobús máis próximas para as persoas usuarias. As persoas usuarias poden xestionar este acceso a localización elixindo calquera das opcións seguintes:

  • Nunca
  • Preguntar a próxima vez ou o compartir
  • Cando se use a App
  • Sempre

Os datos de xeolocalización non se almacenarán nin serán utilizados polo responsable para ningún outro fin.

Máis información respecto do tratamento realizado nesta aplicación aquí.

2.4. Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse ata que se cumpra coas finalidades para cada unha das funcionalidades desta App, mentres sexa necesario para a determinación das responsabilidades que se puidesen derivar destas e do tratamento dos datos ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos e en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de arquivos e documentos (Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia).

2.5. Comunicacións dos datos

Realizaranse comunicacións de datos das reservas dos servizos baixo demanda, incluíndo os datos identificativos do viaxeiro, aos operadores de transporte responsables de realizar o servizo.

2.6. Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son, entre outros:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada

As canles a través das cales se pode solicitar o exercicio dos dereitos son:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A
  • Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.

Respecto da solicitude de retirada do consentimento outorgado para a recepción de notificacións, as persoas usuarias deberán dirixir a súa solicitude a transporteinterurbano [at] xunta.gal.

No caso de persoas usuarias menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis, poderán exercitar estes dereitos por si mesmos.

Pode ampliar a información referida ao exercicio de dereitos en Exercicio de dereitos.

2.7. Máis información

Pode ampliar a información relativa ao tratamento de datos persoais en Información xeral sobre protección de datos – Xunta de Galicia.

2.8. Modificación da Política de privacidade

A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.