Sáb, 21/11/2026
A partir do luns 23 de novembro, en tempada lectiva, o autobús de Santiago a Ribeira adiantará a saída da estación intermodal das 8.15 ás 8.00 h. Parará no Hospital Clínico e no Milladoiro e chegará á estación de autobuses de Padrón ás 8.40 h.
O autobús circulará por estrada convencional ata a Ponte de Té (Rianxo) e continuará por Boiro e A Pobra do Caramiñal ata Ribeira.
Podes consultar todas as paradas e os horarios de paso en bus.gal e en MobT.