Con motivo das celebracións do Nadal na cidade de Vigo, desde o vindeiro 14 de novembro e ata a finalización das festividades no mes de xaneiro, os servizos de autobús interurbano poderán experimentar modificacións puntuais nos seus percorridos e horarios.
En particular, o sábado 14 de novembro, con motivo do acendido das luces de Nadal, os servizos poderán verse afectados desde as 15:00 horas ata a finalización do evento. Durante esta xornada está previsto o corte ao tráfico da rúa García Barbón, no treito comprendido entre as interseccións coas rúas Isaac Peral e República Arxentina.
Para consultar información actualizada sobre os horarios e as paradas dos servizos afectados, recoméndase contactar coas empresas operadoras correspondentes.