Xov, 05/11/2026
Con motivo da celebración de diversos eventos na provincia de Ourense durante a fin de semana do 6 ao 8 de novembro, os servizos de autobús interurbano poderán sufrir modificacións puntuais nos seus percorridos e horarios.
As principais afeccións previstas son as seguintes:
- Rally Ourense Ribeira Sacra (6 e 7 de novembro): a celebración desta proba automobilística en diferentes concellos da provincia poderá ocasionar alteracións puntuais nos servizos de autobús que circulen polas vías afectadas.
- Carreira Popular San Martiño (8 de novembro): con motivo desta proba deportiva, que terá lugar durante a mañá do domingo na cidade de Ourense, os servizos de autobús interurbano poderán experimentar modificacións nos seus itinerarios e horarios de paso. En todo caso, a parada da Estación Intermodal de Ourense manterase operativa, adaptándose os accesos cando resulte necesario.
Recoméndase ás persoas usuarias que teñan en conta estas posibles alteracións á hora de planificar os seus desprazamentos.